Alalá nº 207 "Pandereteiras de Muíño" (Zas) - TVG
Alalá TVG Alalá TVG
11.2K subscribers
11,745 views
106

 Published On Mar 9, 2016

Alalá nº 207 "Pandereteiras de Muíño" (Zas) - TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 18/8/2013
Lugar de Gravación: Zas
http://alala.crtvg.es

A parroquia de Muíño, en Zas, é outra das capitais no mapa do tesouro da música tradicional galega. Terra de labradores na que seguen traballando o campo como facían antes, pero coa parcelaria feita desde o setenta e coa impagable axuda dos tractores. Hai máis de vinte anos que comezaron a pasar por aquí mozos interesados en recoller os interminables saberes das pandeireteiras de Muíño. Dos seus toques, dos centos de cantares e dos bailes que lembran daquelas ruadas de xuventude. Por iso hoxe grupos de toda Galicia reproducen o seu repertorio.

Quen queira saber qué se tocaba nun daqueles bailes non pode ter mellores mestras. Mulleres cheas de enerxía a pesar dos anos e dos traballos, capaces de estar cantando todo un día coplas diferentes e con voces marabillosas. Grazas a elas pódense escoitar os mesmos sons que hai cincuenta anos enchían esta paisaxe de aldeas e praderías a todas horas, na festa e no traballo. E aprender cómo se bailaban en cada ruada a punteada, a jota, o valse, a rumba, o chiquichiqui e a dansa. Ou algo tan difícil de ver hoxe como a Muiñeira Vella.

show more

Share/Embed