Alalá nº 104 "A Música Tradicional galega na emigración en Brasil, parte I (Bahía)" - TVG
Alalá TVG Alalá TVG
11.2K subscribers
7,194 views
200

 Published On Feb 10, 2016

ALALÁ nº 104
"A Música Tradicional galega na emigración en Brasil, parte I (Salvador de Bahía)"
Emitido por Televisión de Galicia: 24/3/2009

Salvador de Bahía é a primeira cidade de Brasil da que se namorou o primeiro colono portugués Tomé de Souza. Foi terra de esclavos e curiosamente chámanlle a Bahía a terra da alegría. Economía próspera a principios do século XX que chamou a moitos galegos.

Dende mediados do século XIX, chegaron alá milleros de emigrantes galegos do ambito rural, en moitos casos e que era a primeira vez que saían da casa. En Salvador atopabanse nun lugar cheo de culturas e mestizaxe coma o mesmo barrio do Pelourinho no que comeza este programa.

En Salvador de Bahía os galegos traballaron codo con codo cos descendentes de escravos africanos, con indios da amazonia que se incorporaban ás cidades en busca de traballo, con portugueses fillos dos primeiros colonos… E neste caldo de culturas os galegos adoitaron a fórmula da agrupación familiar. Neste programa falaremos con varias agrupacións. Amigos que mantuveron a música galega en Salvador de Bahía coma Manuel Cima e a súa familia ou Los Caballeros de Santiago.

show more

Share/Embed